Primer Consello Territorial de Participación Cidadá, no local social do Val, Narón

O primeiro dos Consellos Territoriais de Participación Cidadá programados ata o mes de xuño na cidade de Narón terá lugar este martes, día 19 de abril, ás 16.00 horas no local social do Val.

Así o indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que recordou que as persoas que desexen asistir a estas convocatorias deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou no teléfono 603 865 413.

As datas e horarios de cada unha destas convocatorias pode consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.

A edil naronesa será a encargada de presidir estas convocatorias, ás que asistirán outros representantes da corporación local e concebidas para que as entidades participantes compartan a súa actual situación, as actividades que teñen previsto levar a cabo este ano e analizar entre todas e todos a dinamización da participación.

Os encontros, que teñen unha duración aproximada de hora e media, están abertos á participación das entidades asociativas do municipio e moderará os persoal técnico da Escola de Participación de Narón.

Esta mesma semana tamén terá lugar, o xoves 21, o convocado ás 19.00 horas no local social Virxe de Fátima, en Freixeiro e este mes tamén se desenvolverán os previstos no local social do Couto, o día 26, 18.00 horas, e no da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso, o día 27 , ás 18.00 horas.

No mes de maio programáronse os de Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; o de Xuvia, o 10 ás 18.00; o de Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e os de San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo, o de San Xiao, o 24, o do Alto o 25 e o da Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais.

En xuño levaranse a cabo os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …