Urxen a construcción do monumento ás víctimas do franquismo en Ferrol

A comisión colocando a pancarta recordando ás victimas do franquismo | Cedida

Membros da comisión pro memorial dos asasinados polo franquismo en Ferrolterra colgaron esta mañá dun dos balcóns da fachada do Concello de Ferrol unha pancarta que recolle o nome das persoas asasinadas polo franquismo na nosa comarca para reclamar a construción do monumento a estas vítimas comprometido polo pleno de Ferrol.

Tom Blanco, integrante desta comisión da que tamén forman parte o BNG e Ferrol en Común, indicou que esta acción só pretende «evidenciar o atraso do alcalde de Ferrol en sacar adiante o proxecto de construción dun monumento as vítimas do franquismo nesta cidade.«

Sinalou que transcorreron dous meses desde a última xuntanza da mesa municipal da memoria, que se celebrou o 2 de febreiro, e constatan que este proxecto «está paralizado«. Levan reiterado, numerosas veces, a necesidade de avanzar neste proxecto porque queda tan só un ano de mandato municipal e «queremos que este monumento se realice durante o presente mandato tal e como se aprobou o pleno municipal o pasado 29 de xullo mediante unha moción que foi aprobada sen ningún voto en contra

Tom Blanco lembrou que a moción aprobada fixaba un prazo de 6 meses para sacar adiante o proxecto e a pesar de saber que podía ser un prazo temporal axustado, «o certo é que transcorridos 9 meses o proxecto está paralizado«. Lembrou que, conxuntamente coa asociación memoria histórica, elaboraron o listado cos nomes das vítimas e na mesa da memoria municipal chegouse a un acordo para as bases do monumento «pero está todo paralizado e o goberno só busca escusas para adiar o desenvolvemento desta proposta.«

É por isto que este luns decidiron mobilizarse, poñendo unha pancarta na fachada do Concello e agardan que, desta volta, «non a retiren como fixeron hai uns meses pois sería unha ofensa as nosos veciños e veciñas ausentes porque foron asasinadas polo franquismo

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …

Un comentario

  1. ¿Y esto quien la paga? ¿Juan Pueblo, como siempre?