III edición do Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, presentaron este venres, día 1 de abril,  xunto con Sonia López e Pedro Caneiro, responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, a páxina web da terceira edición do Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria de Narón.

A través da web: https://congresonaron.gal/ pódese obter información desta convocatoria, organizada polo Concello de Narón e a Rede de Cidades que Camiñan, patrocinado pola Deputación da Coruña e a Axencia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e que conta con varias entidades colaboradoras. Ferreiro anunciou durante a presentación que, coincidindo coa estrea da web tamén se abre o prazo de inscrición neste congreso, que se tramita dende a propia páxina.

A web do Congreso ten un formato sinxelo e é de doada navegación, incluíndo os capítulos habituais deste tipo de eventos: programa, participantes, notas biográficas, calendario, mesas… e a maiores ten dispoñible o formato de inscrición no mesmo, en galego e en castelán.

Ademais, dispón dunha xanela de actualidade na que se irán publicando informacións de interese sobre o evento e donde se poderán ver as respostas a un cuestionario sobre temas relacionados coa educación e a seguridade viaria que se realizou ás persoas participantes e que se empregarán para crear contidos de interese sobre as diferentes sesións que se desenvolvan. O espazo web conta tamén cun apartado específico de turismo da cidade, con enlaces á web de Turismo do Concello de Narón: turismo.naron.es

“As persoas primeiro” é o lema elixido para este evento, que reunirá os vindeiros 19 e 20 de maio no Pazo da Cultura a recoñecidos profesionais do ámbito da seguridade viaria. O congreso estruturarase en catro eixos temáticos: “Un novo modelo de espazo público”, “Vehículos de mobilidade persoal e seguridade viaria”, “Novas metodoloxías de educación para a boa mobilidade” e “Cooperación internacional”. Son precisamente esas áreas temáticas nas que se centrarán as mesas que se celebrarán os días 19 e 20 de maio, o primeiro día en horario de mañá e tarde e o segundo pola mañá.

A alcaldesa da cidade será a encargada de inaugurar esta nova edición do congreso, o día 19 ás 10.00 horas, acompañada polo director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e da Academia Galega de Seguridade Pública, Santiago Villanueva.

As tres primeiras mesas programadas darán comezo ás 11.30 horas, ás 16.00 e ás 18.30 horas o día 19 e a cuarta terá lugar o día 20 ás 10.00 horas. Os participantes en cada unha delas poden consultarse na propia web do Congreso, donde se especifican tamén os obxectivos de cada unha delas. O acto de clausura terá lugar ás 13.30 horas, tralas conclusións da Coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, e pechará a alcaldesa de Narón; Marián Ferreiro.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …