Axenda desta «finde» Narón

Venres 25 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Guerra de identidad Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

O monólogo, protagonizado pola actriz Déborah Vukusic, métese na pel dunha muller obsesionada coa figura do seu pai ausente, deportista de elite e miliar na guerra dos Balcáns. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Sábado 26 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Bravas Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

As mulleres galegas son as protagonistas deste monólogo, o segundo espectáculo unipersoal da actriz Isabel Risco. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Domingo 27 de marzo de 2022

Actividade: Coros por la Paz Hora: 12.00 Lugar: Praza de Galicia

O Concello súmase á iniciativa da plataforma Coros por la Paz e xunto con varias agrupacións corais, rondallas e persoas a título particular reunirase para cantar xuntos o “Himno á alegría”, de Miguel Ríos. A cita é un canto unánime para pedir a fin das guerras no mundo.

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Bichocas Hora: 18.00 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

“Bichocas” é un espectáculo pensado para a primeira infancia, no que os obxectos e a palabra fan viaxar ó público a través do mundo animal, estimulando a súa creatividade. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos

 

Lea también

El Club de Baile Deportivo Narón realiza una exhibición en la Plaza de Eventos de Odeón este sábado

El Club de Baile Deportivo Narón junto a la Escuela de Baile Tedaga, realizarán este …