O Concello de Narón súmase á iniciativa da plataforma Coros por la Paz, un encontro musical que se realizará o vindeiro domingo, día 27 de marzo, de xeito simultáneo en espazos abertos de varias cidades europeas.
A cita será ás 12.00 horas e no caso de Narón, levarase a cabo na praza de Galicia, donde está prevista a actuación do Peque Coro Solidarium e o Coro da Capo, o Coro Solidarium IES Trasancos, a Coral de Areosa, a Coral Polifónica de Ferrol, Só Elas e a rondalla Añoranzas.
Na convocatoria cantarase o “Himno á alegría”, de Miguel Ríos, baseado na novena sinfonía de Beethoven, para solicitar conxuntamente o restablecemento da paz en Ucraína e en todas as rexións do mundo castigadas por guerras.
Poderán participar na convocatoria, cantando a capella, todas as persoas que o desexen para sumarse a este xesto unánime pola paz, apostando pola música como instrumento universal para contribuír á paz en Europa e no mundo.