Minuto de silencio en Narón polo presunto feminicidio en Barro

O Concello de Narón acolleu este martes, día 22 de marzo, unha concentración na que se gardou un minuto de silencio ante a porta principal en repulsa do presunto feminicidio rexistrado o pasado xoves en de Barro, Pontevedra.

O primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, outros representantes da corporación local e do persoal do Consistorio acudiron á convocatoria para amosar a súa condena ó suceso que a pasada semana lle custou a vida a Jéssica Méndez Iglesias, unha moza de 29 anos que faleceu un día despois de que José Eirín, veciño da vítima e de 41 anos, embestise o seu vehículo contra o que conducía ela.

Eirín está en prisión comunicada sen fianza tras decretarse este luns o seu ingreso, acusado de homicidio. Segundo diversas fontes a muller era presuntamente acosada polo detido.

Lea también

Axenda en Narón do 7 e 8 de xuño de 2025

Sábado 7 de xuño de 2025 -Actividade: I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón. …