Representación da obra “Libre coma os paxaros” no Auditorio Municipal de Cedeira

Teatro do Atlántico, unha das compañías dramáticas máis senlleiras e veterás de Galicia, achega este sábado a Cedeira a súa obra “Libre coma os paxaros”.

Nesta montaxe a poeta Rosalía de Castro cobra vida, a través da interpretación da actriz María Barcala, e proclama a súa liberdade creativa e o seu compromiso diante das inxustizas que vive a sociedade do seu tempo.

A representación será no Auditorio Municipal, ás 20.00 horas, e chega a Cedeira da man do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xulio Lago dirixe Libre coma os paxaros, construída sobre os versos, artigos e outros materiais da propia obra de Rosalía de Castro, acompañados pola música de Vadim Yukhnevich.

Na peza, Rosalía de Castro declara o seu amor pola literatura e pola súa lingua e declara, desafiante, a súa vontade de non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa. Fala tamén da súa admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo e amosa a súa solidariedade e dor polas miserábeis condicións de vida que soportan.

A obra aborda tamén cuestións como o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E pon o foco sobre o silencio que todo o envolve.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …