Celebración do #8M en San Sadurniño

Este martes, día 8 de marzo, arranca un programa de actividades organizadas pola concellaría de Igualdade que rematarán o domingo 27 de marzo na Casa da Cultura coa proxección do filme «Nación» de Margarita Ledo, seguido dun coloquio coa directora e a produtora do filme. O evento abrirao e pecharao a frautista local Erika González.

As propostas antes daquela dirixiranse principalmente ó alumnado do CPI. Así, do luns 14 ó xoves 17 de marzo, desenvolverase nos cursos de 1º a 6º de Educación Primaria o obradoiro «Mulleres que nos constrúen», coordinado por Tarabela Creativa que convida a rapazada a traballar sobre a visibilización da muller a través da escritura de relatos.
 
A actividade, a medio camiño entre a promoción  da igualdade e da lingua, conta con financiamento dos créditos recibidos da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
 
Por outra banda, o 22 de marzo proxectarase a película «As tres caídas de María Santiso» para 4º da ESO e, ademais, está previsto que o alumnado de 2º se achegue ó Concello o día 24 para participar nunha visita guiada á exposición «Mulleres que».
 

Lea también

“Saborea As Pontes” pecha con 18.178 tapas servidas, sendo Trastoy 3 o vencedor nas tres categorías

A edición 2025 do concurso de tapas, Saborea As Pontes, organizado polo Concello coa colaboración …