O Concello de Narón amplía as actividades do Programa de envellecemento activo para persoas maiores de 60 anos incorporando un obradoiro de Cantigas e un obradoiro de Cancións de Animación.
Estas novas actividades, enmarcadas no Programa municipal de envellecemento activo, desenvolveránse no Centro Comunitario Municipal «Manuela Pérez Sequeiros» e están dirixidas a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Narón.
No caso de quedar prazas vacantes poderán participar con preferencia menores de 60 anos empadroados no Concello de Narón e, en segundo lugar, persoas non empadroadas en Narón que sexan maiores de 60 anos ou menores que reúnan os requisitos anteriores, por orde de inscrición.
O obradoiro de Cantigas terá lugar os venres de 16.30 a 18.30 horas e o prezo é de 8,15 euros. As inscricións poderán realizarse de forma presencial no Rexistro Xeral ou de forma telemática na Sede Electrónica do Concello. Para máis información contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981337700 extensións 1108 e 1109
O obradoiro de Cancións de Animación desenvolverase os luns en horario de 9.30 a 11.00 horas, esta actividade será de balde. As inscricións nesta actividade deberán realizarse de forma presencial na oficina do Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros en horario de atención ó público de 08.30 a 13.00 horas. Tamén se poderá tramitar telefónicamente nos tfnos. 981102152 / 671383575