A obra de teatro “A pluma viva de Rosalía” chega a Cabanas o vindeiro venres

O Concello de Cabanas, a través da área cultura, convida á veciñanza a unha xornada de teatro que terá lugar o próximo venres, 25 de febreiro, ás 19 horas no salón de plenos da casa do Concello, coincidindo coa semana na que se celebra o Día de Rosalía (23 de febreiro).

Trátase da representación da obra “A pluma viva de Rosalía”, a cargo da compañía “Os Quinquilláns Teatro” un espectáculo para todos os públicos a partir de 9 anos, cuxa trama está basada nun feito real de censura a un texto de Rosalía.

A historia comeza cunha visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación do artigo “El Codio”, e nela ponse en valor á escritora e á súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade.

O acceso ó espectáculo será libre até completar o aforo.

Lea también

Cabanas celebra las Fiestas de Santa Marta a partir del 1 de agosto

Las Fiestas de Santa Marta 2025 tendrán lugar los días 1, 2 y 3 de …