O BNG lamenta que se «tape as vergonzas» do Mercado de Recimil sin acometer a súa rehabilitación

Fot. BNG

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, acusou na mañá deste sábado ao goberno local de desentenderse do acordo para a rehabilitación do mercado de Recimil e lamentou que a única medida tomada polo goberno de Angel Mato sexa colocar unhas lonas para ocultar o seu estado. Angel Mato prefire tapar as suas vergonzas con fotos bonitas en vez de executar a partida orzamentaria para a recupe- ración deste mercado municipal.

Iván Rivas considera que o goberno municipal demostra que está máis preocupado polas apariencias que por buscar unha solución para recuperar e revitalizar este mercado. Angel Mato debe pensar que se un problema non se ve, non existe cando o que debería facer é desenvolver o proxecto e iniciar de inmediato as obras para a recuperación do mercado de Recimil incluido nos orzamentos municipais tras o acordo alcanzado co BNG.

O portavoz nacionalista lembra ao goberno local que o acordo asinado co BNG non era colocar unhas lonas decoradas no mercado de Recimil senón que incidía na necesidade de acometer a recuperación e rehabilitación do mercado de Recimil, unha partida económica de 900.000 € que permitirá mellorar a diversificación dun barrio que é crucial para esta cidade, porque o futuro urbano de Ferrol pasa por un barrio como este: público e situado no corazón do concello.

O BNG considera que este tipo de actuacións de maquillaxe, que mesmo incumpren a ordenanza municipal de normalización lingüística, non son o camiño que debe tomar o goberno local se queremos dotar a cidade dunhas infraestruturas adecuadas que permitan dinamizala e xerar novas oportunidades de desenvolvemento económico

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …