Toma de posesión dun novo axente da Policía Local, Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu este mércores, día 2 de febreiro, o acto de toma de posesión do seu cargo como funcionario de carreira dun novo axente da Policía Local, Pablo Rey Souto.

No acto estiveron tamén presentes o secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, a xefa de Recursos Humáns, Marián Manteiga, e o xefe da Policía Local da cidade, Eduardo Pita.

O axente que asinou este mércores 2 a súa toma de posesión iniciou a finais do pasado mes de decembro o segundo período de prácticas na cidade, rematadas o pasado luns día 31 de xaneiro, e xa completou a súa formación teórica nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) ubicadas no concello da Estrada, en Pontevedra.

Marián Ferreiro deu a benvida a Pablo Rey e destacou o incremento no persoal da Policía Local, integrado na actualidade por 38 axentes. Ferreiro destacou a incorporación do novo axente e valorou a vocación de servizo público do citado Corpo de seguridade, “cun gran compromiso, conciencia de servizo público e responsabilidade para velar pola seguridade da cidadanía”

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. Muchas felicidades al nuevo agente de policía local.
    Pero la verdad, se necesitan más.
    Naron tiene una gran población y sólo hay un coche patrulla.
    Yo concretamente llamé porque había un coche delante de mi vado y todavía estoy esperando a que vengan.
    Esperemos que traigan la policía nacional y entre los dos cuerpos tengamos el servicio que los ciudadanos pagamos religiosamente.
    La policía local está muy ocupada.