Aprazado o espectáculo “Festejen la broma” previsto para este «finde» en Narón

A representación este venres, día 4, ás 20.30 horas, do espectáculo “Festejen la broma» unha comedia da compañía Tertulia Producción protagonizada por Joaquín Reyes, queda aprazada.

Dende a compañía indicaron que o aprazamento responde “a un obrigado cambio do calendario dos compromisos cinematográficos previamente adquiridos e ineludibles por parte do artista”, informando ademáis que se apraza o show á espera de poder comunicar unha nova data.

En canto ás entradas, dende o Padroado da Cultura indicouse que se procederá ó reembolso do importe das mesmas seguindo o mesmo método de pago realizado no seu día.

As persoas que teñan algunha dúbida sobre o procedemento poden chamar ó despacho de billetes do Pazo, no teléfono 981 102 897.

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …