O Concello de Fene leva «Bravas» de Isabel Risco aos alumnos do IES de Fene

«Bravas» | IES de Fene

Seguindo coas actividades organizadas polo Concello de Fene ao redor do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se conmemorou o pasado 25 de novembro, a Concellaría de Servizos Sociais de Fene levou este luns ao IES de Fene o espectáculo «Bravas» de Isabel Risco.

Segundo os protocolos de seguridade e hixiene para facer fronte á covid-19, leváronse a cabo dúas funcións para a rapazada de primeiro de Bacharelato.

Dende o IES e o seu departamento de igualdade agradecen aos servizos sociais de Fene a labor que están facendo neste senso.

Lea también

Gran éxito na celebración da II Feira do Queixo de Sillobre (Fene)

O evento estivo organizado pola Gandaría Sillobre e a Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Agarimo. …