Renovación das licenzas de venda ambulante para o feirón de Santa Icía en Narón

O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, recordou que o Concello  de Narón mantén aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro o prazo para renovar as licenzas de venda ambulante concedidas para o feirón de Santa Icía.

As persoas interesadas en renovalas deben presentar a instancia e a documentación requeridas no Rexistro do Concello, de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas, na Sede Electrónica de Narón ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A maiores da solicitude debidamente cuberta é necesario entregar un orixinal ou fotocopia do último recibo que acredite estar ó día coa Seguridade social como autónomo; seguro de Responsabilidade Civil (póliza ou último recibo de pago), certificado de estar dado de alta en Facenda no epígrafe correspondente e certificado de estar ó corrente nas obrigas coa Facenda Estatal e da Xunta. Será tamén preciso facilitar os datos persoais da persoa solicitante e as características do posto para o que require renovación (produtos que vende, numeración…)

No caso de que non se renove a licenza o venderor ambulante perderá a autorización e os dereitos sobre o posto que tiña asignado o pasado ano, debendo tramitar unha nova alta no caso de querer recuperala.

Para solicitar máis información ó respecto pódese escribir un mail ó correo electrónico: am.veiga@naron.es ou chamar ó número de teléfono 981 337 700 (extensión 1502)

Lea también

Intervención dos bombeiros de Narón por un vehículo ardendo

Os bombeiros de Narón realizaron na tarde de onte mércores unha intervención na rúa Somozas, …