O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 14 de xaneiro, e o sábado 15, a representación da obra de teatro-documento “Moria”, da compañía Unahoramenos Producciones.
En total durante os dous días haberá catro pases, dous o venres ás 20.00 e 21.30 horas e outros dous o sábado tamén ás 20.00 e ás 21.30 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonado, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
“Moria” conta a historia de dúas mulleres refuxiadas e as súas familias, que teñen que fuxir dos seus países. Testemuñas reais filmadas no campamento de Moria por un xornalista especializado na materia, sosteñen esta peza protagonizada por dúas mulleres de Afganistan e Bagdag que teñen que emprender unha difícil viaxe tras duros incidentes. As dúas viven en Moria unha nova etapa de sufrimento que non imaxinaban que continuaría trala súa chegada a Europa.
A maiores, na xornada do sábado ás 18.00 horas poderase ver tamén no Pazo , de balde, ata completar aforo, “Islas Jaula”, da mesma compañía e creada para coñecer a situación das persoas refuxiadas da man de Mario Vega, director Artístico de “Moria”; Nicolás Castellano, xornalista e asesor de contidos do citado espectáculo, e Anna Surinyach, directora de fotografía.