A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou convenios con entidades deportivas, sanitarias, de promoción económica e de acción social por un importe conxunto que ascende a 183.500 euros. A rexedora local rubricou cos presidentes de once entidades os acordos que consolidan a continuidade da acción das mesmas no termo municipal a través de diferentes programas e actividades dirixidas ós veciños de Narón.
Os convenios da área de Acción Social asináronse cos representantes de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi), a Asociación Patronato Concepción Arenal e a Fundación Ingada.
Na área de Deportes os acordos rubricáronse cos representantes da Sociedade Deportiva O Val, o Club Cidade de Narón, o Club Deportivo Narón e a Escola Superior de Kárate de Narón.
Así mesmo, no ámbito sanitario, recibiron achegas económicas do Concello a través dos convenios a Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame), a Asociación Exalcohólicos Ferrolterra e a Asociación Española Contra o Cancro.
Finalmente, na área de Promoción Económica Ferreiro asinou o convenio coa Asociación Agroforestal Terra Rendible.
“Dende o goberno local continuamos respaldando o labor que desempeñan nas diferentes áreas entidades e clubs locais, traballando conxuntamente para seguir ofrecendo ós nosos veciños os mellores servizos e atención, mantendo o noso compromiso como administración e colaborando económicamente na medida do posible”, apuntou Ferreiro