1er traballo discográfico da banda de rock naronesa «Auténticos farsantes»

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro día 27 de decembro, a presentación en exclusiva do primeiro traballo discográfico de “Auténticos farsantes”, titulado “Auténticos farsantes en directo e un pelín trasnochados”.

O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o feito de que se trata dunha banda de rock naronesa integrada por Fernando Couce, bataría, mazas…, Chechu Mosquera, baixo e voces, Carlos Mosquera, guitarras, voces…e José Prieto, voz e megáfono.

O disco que presentarán na cidade foi gravado recentemente, en directo, na sala La Room de Ferrol, contando coa dirección de Segundo Grandío, do estudo “Casa de Tolos” e producido pola empresa Run-Rum Axencia. Esta banda naronesa xorde da inquedanza do tamén dramaturgo e director José Prieto, que compón as cancións que interpretarán, cargadas de moita ironía e humor.

O concerto dará comezo ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …