Axenda do 17 ó 20 de decembro en Narón

Venres 17 de decembro de 2021

Actividade: Obradoiro de Dinamización Comunitaria Hora: 17.30 Lugar: Centro Cívico Social de Sedes

As persoas que o desexen poderán participar, de balde, neste obradoiro organizado polo Concello e no que se realizarán bólas rústicas para a árbore de Nadal a partir de materiais reciclados.

Actividade: Circo de Nadal Hora: 19.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía La Fiesta Escénica trae ó Pazo este espectáculo circense, un show no que participan artistas de renome chegados de diferentes países e que conta con animais artificiais como osos polares
animatrónicos. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Actividade: Xornadas informativas sobre “Especies exóticas invasoras” Hora: 19.00 Lugar: Local social da Gándara

O Concello organiza estas xornadas para informar do perigo da propagación de especies invasoras, unha temática que abordará persoal especializado nesta área. A entrada é libre ata completar o aforo.

Sábado 18 de decembro de 2021

Actividade: Circo de Nadal Hora: 17.00 e 19.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía La Fiesta Escénica trae ó Pazo este espectáculo circense, un show no que participan artistas de renome chegados de diferentes países e que conta con animais artificiais como osos polares animatrónicos. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Actividade: Obradoiro de Dinamización Comunitaria Hora: 19.00 Lugar: Centro Cívico Social de Doso

As persoas que o desexen poderán participar, de balde, neste obradoiro organizado polo Concello e no que se realizarán bólas rústicas para a árbore de Nadal a partir de materiais reciclados.

Domingo 19 de decembro de 2021

Actividade: Circo de Nadal Hora: 12.30 e 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía La Fiesta Escénica trae ó Pazo este espectáculo circense, un show no que participan artistas de renome chegados de diferentes países e que conta con animais artificiais como osos polares animatrónicos. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Actividade: Obradoiro de Dinamización Comunitaria Hora: 16.00 Lugar: Centro Cívico Social de Xuvia

As persoas que o desexen poderán participar, de balde, neste obradoiro organizado polo Concello e no que se realizarán marionetas con materiais reciclados.

Luns 20 de decembro de 2021

Actividade: Obradoiro de Dinamización Comunitaria Hora: 16.30 Lugar: Centro Cívico Social de O Val

As persoas que o desexen poderán participar, de balde, neste obradoiro organizado polo Concello e no que se realizarán marionetas con materiais reciclados.

Lea también

Axenda en Narón o 27 e o 28 de abril

Sábado 27 de abril de 2024 Actividade: Danza tradicional “Ceibe” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da …