O Concello de Narón acollerá mañá o sorteo no que se adxudicarán as prazas da colonia infantil “Naturciencia Nadal 2021”, unha iniciativa do Concello dirixida a nenos de 3 a 12 anos e que se desenvolverá do 22 ó 24 e do 27 ó 29 deste mes no CEIP da Gándara.
Ó superar a demanda o número de prazas dispoñibles, trinta e sete para trinta, é preciso realizalo.
O sorteo será ás 10.15 horas e debido á actual situación sanitaria non se permitirá a presencia de público. Ó longo da mañá publicarase a listaxe de persoas participantes nesta colonia infantil na web do Concello de Narón, no espazo reservado ao anuncio desta actividade e tamén no procedemento desta actividade na Sede Electrónica do Concello.
Obradoiros de robótica, creatividade, tecnoloxía e medio ambiente forman parte dos contidos que se tratarán nesta actividade, que é de balde e se convocou, xunto con outras propostas municipais, para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.