A alcaldesa de Narón recibiu a representantes da Red de Ciudades que Caminan

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, recibiron este martes, día 14 de decembro, no Concello de Narón, a Ana Montalbán, secretaria técnica da Red de Ciudades que Caminan e Antón Prieto, responsable da área de comunicación da citada entidade.

A rexedora local explicou que a xuntanza foi unha primeira toma de contacto trala adhesión do Concello á citada Red, que se materializou o pasado mes de novembro (tras aprobarse por unanimidade plenaria da corporación local en xullo deste ano).

Ferreiro destacou que o Concello forma parte da Red Ciudades que Caminan dende o 5 de novembro deste ano e que conta co número de asociado 68. Na xuntanza desta mañá estiveron tamén presentes Pedro Caneiro e Sonia López, responsables do equipo de Educación Viaria de Narón.

A alcaldesa abordou algúns dos proxectos impulsados dende o goberno local de vital importancia en canto aos fins que se perseguen na entidade, como a redacción do Plan de Mobilidade de Narón, xa en marcha, e o Plan Director do barrio da Solaina, que se presentou oficialmente. Ferreiro resumiu as particularidades da cidade en canto ós temas de mobilidade e as previsións de traballo máis inmediatas e de futuro de cara a dar prioridade aos peatóns sempre que sexa posible.

Os representantes da Red de Ciudades que Caminan visitaron algúns centros de ensino e rúas da cidade e tamén tiveron a oportunidade de coñecer cos representantes do equipo de Educación Viaria de Narón instalacións como o Pazo da Cultura e iniciativas municipais como os Camiños Escolares Seguros, o “Bica e arrinca” e os estacionamentos disuasorios operativos no termo municipal.

Pola súa banda, Montalbán trasladou a súa satisfacción pola adhesión do Concello de Narón e a confianza depositada na Red de Ciudades que Caminan e ofreceu a total colaboración da entidade co Concello para materializar novos proxectos e iniciativas. Montalbán inforou tamén ós representantes municipais sobre posibilidades formativas que se impulsan dende a entidade “para que poidades aproveitar ao máximo esa adhesión”.

A este respecto, dende a Red de Ciudades que Caminan felicitaron tamén ao Concello por promover eventos como o Congreso de Educación Viaria, que se celebrará o vindeiro ano e que contará coa colaboración da entidade en 2022.

Prieto ofreceu tamén o asesoramento da entidade para perfilar propostas como o Plan de Mobilidade, entre outras, e ofrecer unha serie de directrices a ter en conta á hora da súa aplicación para manter uns principios básicos nesta liña.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …