A piscina terapéutica do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara reabrirá este mércores, día 1 de decembro, para os cursos dos grupos de natación terapéutica, natación de bebés e nado libre.
Así o anunciou o concelleiro de Deportes, que indicou que a reapertura se leva a cabo tras rematar unha serie de obras de mantemento que se realizaron nas instalacións.
Oreona indicou que abrirá durante todo o día e con respecto ós horarios explicou que se adaptarán á dispoñibilidade en cada momento, podendo consultarse os mesmos nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara.
As persoas que están inscritas nos cursos de natación terapéutica e natación para bebés xa foron informadas telefónicamente da reapertura da piscina para comunicarlles o reinicio da actividade.