Os Consellos Territoriais de Participación Cidadá continuarán esta semana en San Xiao, Santa Icía, O Alto e Sedes.
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que a primeira das sesións será este luns, día 29 de novembre, ás 18.00 horas no local social de San Xiao. As citas continuarán este martes, día 30 de novembro no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía, ás19.00 horas.
As dúas últimas sesións deste ano, terán tamén lugar esta semana, o mércores, día 1 de decembro, no local social do Alto do Castiñeiro, ás 18.00 horas, e o xoves día 2 no de Sedes ás 19.30 horas.
No transcurso dos Consellos Territoriais de Participación Cidadá representantes do goberno local abordan cos veciños dos barrios e parroquias da cidade temas que se trataron nos programados a principios deste ano e outros de máis actualidade, de actuacións ou algúns proxectos en marcha no termo municipal.
As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.