Narón-Propostas para conmemorar o L aniversario do 10 de marzo de 1972

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse o xoves, día 25 de novembro á tarde con representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e de Fuco Buxán para coñecer de primeira man as iniciativas previstas para conmemorar o 50 aniversario do 10 de marzo de 1972, que se cumpre o vindeiro ano.

No transcurso da reunión os representantes de ambas entidades presentáronlle a Ferreiro o manifesto da convocatoria: “10 de Marzo (1972-2022) 50 anos de Memoria e Dignidade”, que conta xa con múltiples apoios, e tamén lle avanzaron algunhas das actividades que se desenvolverán en 2022.

Os representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e da Asociación Fuco Buxán agradeceron a boa acollida do Concello de Narón ás propostas plantexadas, todas elas encamiñadas a conmemorar uns acontecementos acontecidos nesa data en Ferrol, cunha brutal represión e o asasinato de dous traballadores, Amador Rei e Daniel Niebla.

Ferreiro amosou a colaboración do Concello nos actos que se programen para conmemorar esa data o vindeiro ano, incidindo en que “derivaron dunha loita polos dereitos das persoas e contra a represión con fatais consecuencias e que non debe quedar no esquecemento”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …