Teatro do andamio «insubmisión»
Terá lugar este sábado 27 de noviembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19.30 horas. Espectáculo incluido na Rede Cultural da Diputación da Coruña. Entrada de balde. Se pode recoller o convite ou apuntarte ós obradoiros no local social da casa do Concello (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).
Autora: Rosa Molero. Dirección: Tatiana Likhacheva Elenco: Gema Ulloa y Fran Giraldo. Duración: 65 minutos
Sinopse: Insubmisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.
O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente… A tensión dramática crece ó redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.
A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.
Vella escola : «Concerto espectáculo sobre a cultura hip hop»
Terá lugar este domingo, día 28 de novembro, no Auditorio Municipal, das 19 ás 20 horas. Obradoiros (DJ, Beatbox e Breaking) de 17 a 18 horas. Actividade financiada pola Rede de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.
Entrada de balde. Se pode recoller o convite ou apuntarte ós obradoiros no local social da casa do Concello (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).
Sinopse: Trátase dun pectáculo multidisciplinar cunha función dunha hora e obradoiros no que se representa o nacemento e desenvolvemento da cultura hip hop. A función abre cun dj que, acompañado dunha grande pantalla, vai mesturando música e vídeo da época anterior ó hip hop (anos 70).
A segunda parte representa o nacemento e evolución do hip hop (anos 80-90) con actuacións de Rap, Beatbox, Breaking e Turntablism (scratch), acompañados por unha mostra de Graffiti que suple a función de apoio visual da pantalla.