Inaugurada en Cariño a última obra do muralista galego Wedo Goás

A inauguración contou coa participación da Danza de Arcos, a Rondalla de Cariño, a Banda de Gaitas do Ortegal, a Banda de Gaitas San Xiao do Trebo e a Coral Polifónica de Cariño, que puxeron música, tradición e emoción a este día tan especial.

Mural de Wedo Goás | Fot. Concello de Cariño

O Concello de Cariño inaugurou este domingo o mural da Rampla do Castro, obra do muralista galego Wedo Goás, con máis de 30 festivais de arte urbana nacionais e internacionais ás súas costas e recoñecido en 2025 por Street Art Cities como Mellor Mural do Mundo.

A inauguración contou coa participación da Danza de Arcos, a Rondalla de Cariño, a Banda de Gaitas do Ortegal, a Banda de Gaitas San Xiao do Trebo e a Coral Polifónica de Cariño, que puxeron música, tradición e emoción a este día tan especial.

O mural é unha homenaxe ás raíces e a todas aquelas persoas que, co seu traballo, esforzo e loita, foron construíndo ao longo dos anos un sentimento por Cariño, “o pobo co nome máis bonito do mundo”. Trátase, segundo o goberno local, dunha obra “nacida da alma e do corazón da nosa xentiña, sexa unha homenaxe a quen nos deixou a nosa identidade e o legado que hoxe temos a responsabilidade de manter vivo”.

O Concello de Cariño lembra que este proxecto non é unha actuación illado, senón que forma parte dun proxecto de futuro no que queren seguir traballando, “a través de novas obras, diferentes capítulos da nosa historia, da nosa cultura e das nosas tradicións”. Este mural, lembra o goberno local, foi un proxecto durante anos bloqueado, sen ter saída nin conseguir a súa consecución, aínda que novas xestións permitiron o seu desbloqueo ata conseguir que hoxe sexa unha realidade.

Agradecen especialmente á Xunta de Galicia pola súa implicación e apoio no proxecto para que facer posible a obra.

Lea también

El Museo Naval de Ferrol ultima la exposición del Premio de pintura «ALMIRANTE 2026»

El Museo Naval de Ferrol inaugurará el próximo 29 de octubre la exposición correspondiente al …