Narón-Obradoiro de tapas e pinchos con produtos do mar

O edil de Promoción Económica, David Pita (PSOE), informou da apertura do prazo de inscrición nun obradoiro de tapas e pinchos con produtos do mar que se desenvolverá os próximos sábado 27 e domingo 28 de novembro no centro cívico social do Val, de 10.00 a 14.00 horas.

As prazas están limitadas a trinta persoas por día e aquelas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico á dirección:

promocioneconomica@naron.es,

indicando o seu nome e apelidos, un teléfono de contacto e a preferencia no día que desexan acudir a esta convocatoria, que é de balde.

O edil naronés explicou que este obradoiro, que impartirá a docente e experta en temas de nutrición Susana Rañal “está máis ben dirixido ó sector da hostalería, para que teña a oportunidade de preparar diferentes tapas e pinchos con produtos do mar para ofrecelos nos seus establecementos, aínda que no caso de que haxa vacantes está aberto á cidadanía en xeral, polo que animamos a que se anoten todas as persoas interesadas”.

Así mesmo, Pita indicou que o da vindeira semana é un novo obradoiro do proxecto “Narón mar aberto”, financiado pola Unión Europea (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) e subvencionado a través do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte (GALP). Colaboran na organización deste obradoiro a asociación de veciños do Val e a asociación Terra Rendible.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …