A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón un novo corte que afectará ó subministro eléctrico en varios lugares da parroquia de Castro.
O citado corte levarase a cabo na madrugada deste xoves, día 18 de novembro,concretamente entre as 5.30 e as 7.00 horas e a finalidade é, tal e como indicaron novamente dende a compañía, “atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”.
Durante esa franxa horaria poderá haber interrupcións no subministro nos lugares de Borrallada, Fernande, Mata e Nelle, tal e como indicaron dende a compañía.