A compañía Redrum Teatro estará este sábado, día 13 de novembro, no Pazo da Cultura de Narón para representar, ás 20.00 horas, a obra “O mozo da última fila”
Trátase dunha comedia de case dúas horas de duración na que o protagonista é Claudio, un mozo de dezasete anos que senta na última fila e tan só destaca en Matemáticas. Todo cambia cando o seu mestre, Xermán, lle manda escribir unha redacción sobre a fin de semana, e será aí cando o rapaz se transforme en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector e que se convertirá nun xogo.
O elenco desta peza fórmano Guillemo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Rubén Porto e Machi Salgado.
As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos)