Os Consellos Territoriais de Participación Cidadá continuarán desenvolvéndose esta semana na cidade de Narón. A edil responsable da área, Catalina García, recordou que este martes, día 9 de novembro, terá lugar no Local Social de Xuvia ás 19.00 horas, o mércores, día 10 no local da Sociedade Cultural Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, 18.00 horas; o xoves, día 11, no local social de Piñeiros ás 19.00 horas
García destacou a importancia de que os veciños acudan a estas convocatorias, proxectadas como un espazo de encontro no que xunto con representantes da corporación local poderán intercambiar ideas sobre as necesidades de cada barrio e parroquia da cidade. A pasada semana celebrouse o previsto na Gándara e as sesións continuarán ata o 2 de decembro, segundo o cronograma establecido.
A edil de Participación Cidadá preside os Consellos Territoriais, nos que se avanzan as liñas dos orzamentos municipais do vindeiro ano, que se están ultimando, e tamén se ofrece información sobre cuestións que xa se abordaron nos Consellos celebrados a comezos deste ano.
As seguintes citas programadas este mes serán o luns día 15 no local social do Val ás 17.30 horas; o martes 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro ás 18.00 horas; o mércores día 17 no local social do Couto ás 18.00 h ; o xoves 18 no local social de Doso ás 20.00 horas; o mércores día 24 no local social “O Paraxe”, en Castro ás 19.30 horas; o luns día 29 no local social de San Xiao ás 18.00 horas e o martes día 30 de novembro no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía ás 19.00 horas.
Así mesmo, os convocados para o mes de decembro terán lugar o mércores, día 1 no local social do Alto do Castiñeiro ás 18.00 horas e o último será o xoves, día 2 no local social de Sedes ás 19.30 horas.
Queda pendente de fixar a data do de San Mateo, que tivo que suspenderse a última hora.
As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.