Asamblea comarcal en Neda- O obxectivo do BNG é buscar ampliar a base social

Fot. BNG

O BNG de Ferrolterra celebrou este mércores na Casa da Cultura de Neda a súa Asemblea Comarcal, abrindo o proceso de debate da militancia previo á celebración da Asemblea Nacional que se celebrará n´A Coruña o vindeiro 7 de Novembro 

“Construír un futuro mellor só ten un camiño: ampliar a base social do BNG, multiplicando o traballo social en conexión co traballo institucional» fixou como obxectivo a responsábel portavoz comarcal, Mercedes Tobío, que animou á militancia a converter o BNG na » caixa de resonancia dos grandes temas socias, como a factura da luz, a sanidade pública, o coidado dos maiores, a perda de servizos no rural, ou pór a riqueza a favor das familias, da clase traballadora e das empresas»

Tobío fixo referencia á situación de emerxencia que vive a comarca no ámbito sociolaboral, facendo fincapé no traballo social que o BNG está a defender na rúa e nas diversas institucións para conseguir que «as decisións políticas en defensa dos nosos sectores muden o que outras decisión fixeron na decapitación de sectores coma o naval, o enerxético ou a falta de solucións para a ría» engadindo que  «seguiremos a ser a voz da cidadanía indignada coa estafa da luz, en defensa da sanidade pública fronte aos recortes do PP, a voz a favor dun novo modelo de residencias, a que defenda que a riqueza do país debe usarse a favor das familias, da clase traballadora e das empresas, en defensa do medio ambiente e dunha Galiza verde, e a voz que coloque Galiza na axenda política do Estado, fronte á submisión das forza estatais”

A responsábel comarcal do BNG puxo en valor «o incremento da militancia nos últimos meses e tamén o alto índice de participación nos debates cara á AN, como demostra as máis de medio cento de emendas aos textos presentados na reunión de onte, que indican que estamos -mesmo coas dificuldades dunha situación como a que vivimos na pandemia- nunha organización chea de vitalidade e ilusión»

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …