Cedeira-Adhesión á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega

O Concello de Cedeira acordou no último pleno da corporación a súa adhesión á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, cuxo obxectivo é promover a colaboración para potenciar o emprego do galego.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, recordou que “as administración locais temos entre as nosas competencias o fomento do uso da lingua galega, en todos os planos da vida pública, cultural e informativa” e explicou que, a través da integración nesta asociación, Cedeira poderá avanzar máis nese obxectivo a través da súa participación en proxectos colaborativos con outros concellos.

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega naceu a comezos de 2019 por iniciativa de 15 concellos galegos, co obxectivo de promover proxectos conxuntos cunha xestión máis eficiente no eido da normalización da lingua.

Coa súa adhesión, o Concello de Cedeira dá un paso máis na súa política a prol do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados, na que é un piar esencial o Servizo de Normalización Lingüística.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …