Narón-Corte no subministro de auga o vindeiro mércores día 13

A empresa Cosma cortará o subministro de auga o vindeiro mércores, día 13, na avenida Malde Vizoso, Ferrerías e Pena Parda.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que a empresa realizará as conexión da rede de abastecemento renovada nesta zona e avanzou que o corte levarase a cabo dende as 8.00 ata as 19.00 horas.

«O feito de que se conectará un tramo moi longo de rede levou á empresa a realizar un corte durante tanto tempo para evitar maiores molestias realizando cortes de subministro en varias xornadas» apuntou o edil.

Dende a compañía informarase debidamente na zona afectada sobre esta medida e solicítanse ás persoas afectadas desculpas polas posibles molestias ocasionadas durante a xornada. Santalla recordou que a actuación que se levou a cabo consistiu na renovación da rede e instalación dun grupo de presión para dar servizo ás vivendas desas zonas e apuntou que o investimento realizado pola empresa Cosma foi duns 96.000 euros

Lea también

O Pleno do Concello Narón aproba unha declaración de condena e rexeitamento de calquera forma de narcotráfico

Na sesión extraordinaria do pleno de Narón celebrada na tarde de onte xoves no Concello …