Narón-XII Concurso de Fotografía «Cidade de Narón»

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que o xurado do «XII Concurso de Fotografía Cidade de Narón» valorará este ano un total de 70 imaxes.

O certame, organizado polo Concello reuniu a unha maioría de participantes do Concello de Narón, aínda que tamén participaron persoas dos concellos de Ferrol, Fene, San Sadurniño, Valdoviño e Neda.

A edil naronesa avanzou que o xurado se reunirá o vindeiro luns, día 4 de outubro, para emitir o fallo tras valorar as imaxes, presentadas todas elas baixo pseudónimo.

As persoas que integran o xurado da XII Edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón son: Carlos Carballeira Permuy, fotógrafo profesional en Carlos&María FotógrafosMarisa Rivas Fernández, fotógrafa profesional en Marisa Rivas FotografíaDaniel López Montero, fotógrafo profesional Mandeo Records. María Lorena Romero Carballo, responsable do Gabinete de Comunicación do Concello de Narón.

A imaxe que obteña a mellor puntuación da suma dos criterios establecidos nas bases do concurso obterá un premio en metálico de 750 euros, se ben a segunda e terceira mellor clasificadas obterán 300 e 150 euros, respectivamente.

A concelleira de Turismo agradeceu a participación un ano máis de veciños de Narón e tamén doutros concellos neste certame «a través do que queda constancia dalgúns espazos, actividades e patrimonio do noso concello, que ten moito que ofrecer á veciñanza e visitantes»

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …