Narón-Cortes de tráfico e supresión temporal de plazas de aparcamento na estrada de Cedeira

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou que dende este xoves, día 30 de setembro, ás 22.00 horas e ata o venres ás 10.00 horas se rexistrarán cortes de tráfico intermitentes e suprimiranse temporalmente as prazas de estacionamento na estrada de Cedeira.

A medida afectará a todo o vial dende a confluencia coa estrada de Castela ata o límite co veciño Concello de Valdoviño.

O edil explicou que as restricións a aplicar son para que a Xunta de Galicia acometa as obras comprometidas no firme do citado vial, que se levarán a cabo na franxa horaria indicada, tal e como se trasladou ó Consistorio naronés.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …