Narón-O Pazo acolle a proxección de «A illa das mentiras»

O Ciclo de cine en galego organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e o Cineclube Serie B continúa este xoves, ás 20.00 h. coa proxección da película «A illa das mentiras» (2020), dirixida por Paula Cons e galardoada con cinco premios Mestre Mateo, incluído o de Mellor dirección.

A historia dun naufraxio centra a temática deste filme. Todo acontece nunha noite do 1 de xaneiro de 1921 xunto á costa da Illa de Sálvora, donde se afunde un barco, o Santa Isabel, con 260 emigrantes que ían cara a Bos Aires. Unha parte dos pasaxeiros logra salvarse con axuda e un xornalista encargarase de investigar terribles casualidades que se rexistraron esa noite na zona.

O programa do ciclo Cine en galego continuará o 7 de outubro con «Dhogs» (2017), dirixida por Andrés Goteira. Trátase da película máis premiada dos premios Mestre Mateo, con trece galardóns. A última proxección será o 14 de outubro, con «Eroski Paraíso» (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, galardoada nos Mestre Mateo nas categorías de mellor protagonista feminino e masculino.

A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia colaboran tamén nesta iniciativa

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …