Narón-Preto de 400 maiores participarán nas actividades de Envellecemento Activo

Unhas 400 persoas maiores de 60 anos participarán entre este ano e o vindeiro nas diferentes actividades do programa municipal de Envellecemento Activo.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou que o inicio das actividades terá lugar este venres, día 1, e rematarán o 30 de xuño de 2022. As sesións impartiranse nos dous centros comunitarios municipais, o Manuela Pérez Sequeiros e o das Vivendas da Mariña, e en centros cívicos sociais dos barrios e parroquias da cidade: A Solaina, Virxe do Mar, San Mateo, O Val, Piñeiros, O Alto, Freixeiro, Pedroso, Doso, Xuvia, San Xiao, Sedes e Castro.

Nos vindeiros meses impartiranse sesións de ximnasia rehabilitadora, ioga, memoria, apoio á informática, labores, un obradoiro de enredar e outro de lectura e escritura e tamén sesións de canto e animación, tal e como indicou García. «Os veciños de Narón ós que se dirixen estas actividades son os que cada ano elixen as súas preferencias dentro das opcións dispoñibles» explicou.

Así mesmo aclarou que «este ano tamén tivemos tamén en conta os protocolos en vigor nas diferentes instalacións debido á pandemia da covid-19 que obrigaron a implantar unha serie de cambios para garantir o cumprimento das medidas hixiénicas e sanitarias»

O reaxuste no número de participantes en cada sesión, as entradas e saídas dos locais, o material a empregar, a desinfección de espazos, a distancia de seguridade e o uso obrigatorio de máscara son algunhas das medidas de prevención da covid-19 que se aplicarán co inicio deste programa municipal.

«Continuamos traballando para ofrecer á veciñanza da cidade as actividades propias deste programa, esperando a incrementar os grupos de participantes en canto as autoridades sanitarias así o permitan» apuntou a concelleira de Benestar Social.

Dende o Concello, tal e como recordou a edil naronesa, ofértanse todas as actividades do programa de Envellecemento Activo aos centros cívicos e sociais da cidade.

As persoas que desexen recibir máis información poden dirixirse ó Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ó teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1111).

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …