Narón-Actos conmemorativos no Día Mundial do Corazón

O Concello de Narón súmase ós actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón e iluminará esta noite de cor vermella a fachada do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro.  O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, recordou que o lema deste ano é «Usa corazón»

A través das campañas impulsadas dende a Fundación Española del Corazón lembráronse unha serie de recomendacións como realizar media hora de actividade física ou intensa cinco veces á semana, comer cinco porcións de fruta e vexetales ó día, evitar o consumo de alimentos procesados ou non fumar, entre outros.

Galego incidiu na importancia de visibilizar as enfermidades cardiovasculares e de afondar nas medidas de prevención de cara á cidadanía en xeral.

 

Lea también

“N de Narón. A festa das Letras” encherá de actividades a praza da Lectura para homenaxear a Begoña Caamaño

O Concello de Narón presenta unha nova edición de “N de Narón. A festa das …