Narón-Proxecto de nova numeración, sinalización e recuperación da toponimia de Sedes

A concelleira de Estadística, Mar Gómez reuniuse na mañá deste luns, día 23, no Concello cunha representación da Asociación veciñal Rosa dos Ventos de Sedes e persoal do citado departamento na administración local para avanzar nas tarefas de nova numeración de vivendas, sinalización de lugares e recuperación de toponimia na parroquia.

A edil naronesa destacou e agradeceu a colaboración da AVV e, en xeral, dos veciños de Sedes «pola súa implicación e axuda no traballo de campo que require este importante proxecto». A entidade veciñal da parroquia exporá no local social os planos da zona de Sedes que estarán a disposición dos residentes dos distintos lugares, a partir deste martes e durante un periodo de 15 días, para que os consulten e realicen as aportacións que consideren oportunas, manifestou Gómez.

«A colaboración das persoas que viven nos lugares do rural é fundamental para que esta iniciativa finalice cun resultado óptimo. A previsión é rematar estas tarefas, proxectadas en toda a zona rural e semiurbana do Concello, na presente lexislatura» recordou a responsable da área.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …