O Concello de Narón abrirá o mércores 1 de setembro o prazo de inscrición para solicitar Aula de Ensaio e nos obradorios impulsados dende a concellería de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, a través da Escola municipal de Música Moderna. Obradoiros de iniciación e perfeccionamento, á guitarra ó piano, á batería, e Aulas de Ensaio para grupos musicais son as propostas da citada Escola.
Os obradoiros diríxense a mozas e mozos empadroados en Narón, de entre 12 e 30 anos, e as prazas cubriranse por orde de inscrición.
As clases de guitarra ofrecen un total de doce prazas por grupo e correspóndense con niveis de iniciación (grupos I e II) e perfeccionamento (grupo III). Un grupo de iniciación asistirá os luns e mércores de 16.00 a 17.00 horas e outro os luns e mércores de 17.30 a 18.30 horas. O grupo de perfeccionamento de guitarra asistirá os martes de 19.00 a 21.00 horas.
As clases de piano, con oito prazas, terán un horario para iniciación os xoves de 18.00 a 20.00 horas e un horario para perfeccionamento os xoves de 16.00 a 18.00 horas.
Nas clases de batería hai oito prazas dispoñibles. As sesións para o grupo de iniciación serán os luns e xoves de 20.30 a 21.30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas
Un ano máis o Concello ofrece tamén Aulas de Ensaio para os grupos de música. Mauriz explicou que as persoas destinatarias son grupos musicais nos que como mínimo unha das persoas integrantes deberá estar empadroada en Narón. Os ensaios estarán operativos de luns a sábado con un máximo de 3 horas á semana por grupo.
Aula I: Mércores de 19.00 a 20.30 horas e de 20.30 a 22.00 horas.
Aula II: Luns de 19.00 a 20.30 horas e Martes de 17.30 a 19.00 horas.
Aula III: Venres de 19.30 a 21.00 horas e de 21.00 a 22.30 horas.
Aula IV: Sábado de 11.00 a 12.30 horas e de 12.30 a 14.00 horas.
Aula V: Martes de 16.00 a 17.30 horas e venres de 18.00 a 19.30 horas
Todas as clases desenvolveranse na Casa da Mocidade (A Gándara), darán comezo no mes de outubro e finalizarán no mes de maio, no caso dos instrumentos, e no mes de xullo no caso das Aulas de Ensaio. O prezo por persoa será de 8,15 €/MES.
Todas as actividades gardarán as medidas hixiénico-sanitarias de prevención do COVID-19 e contarán cun protocolo de seguridade.
As persoas interesadas poderán recibir máis información no Servizo Sociocomunitario Municipal, 1ª planta do Concello, omix@naron.es , e no teléfono 981337700 Ext. 1111/1108/1109