Narón-Policia Local e Nacional investiga varios roubos de cable de cobre

A Policía Local de Narón trasladou á Policía Nacional unha decena de denuncias con motivo do roubo de cable de cobre en varios puntos da cidade.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que os axentes da Policía Local denunciaron ó propietario dunha furgoneta que trasladaba material utilizada para realizar este tipo de delitos e tamén a unha persoa que se adicaba a trasladar cable de cobre roubado.

«Son dous dos casos que se denunciaron para que a Policía Nacional continúe coas investigación pero hai varios máis porque están localizadas máis persoas relacionadas con este tipo de actos» aseguro.

Co fin de erradicar estas condutas, a rexedora local apelou á colaboración cidadá, para que no caso de que presencien este tipo de feitos ou indicios dos mesmos contacten coa Policía Local para proceder a adoptar as accións oportunas.

Ferreiro indicou que os últimos roubos deste material se rexistraron na zona dos polígonos das Lagoas e Río do Pozo e tamén na zona da Gándara.

«Unha vez máis temos que lamentar que este tipo de actos, que recibirán a pertinente sanción, xeran moitos problemas ao deixar sen alumeado público ás zonas nas que se levan a cabo» recalcou.

A alcaldesa asegurou que a Policía Local de Narón continúa intensificando os controis con patrullas polo termo municipal, tanto polo día como en horario nocturno. Así mesmo, indicou que se está traballando en coordinación coa Policía Nacional en materia de prevención para tratar de erradicar este tipo de prácticas.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …