Ferrol-O BNG censura «o silencio» da Secretaria de Estado de Defensa sobre os problemas da cidade

Fot. Galicia Ártabra

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, considera «que a visita que realizou no día de onte a Secretaria de Defensa a Ferrol demostra unha total falta de respecto e falta de sensibilidade por parte do goberno do Estado cara a cidade»

Iván Rivas, censurou e cualificou, tamén, «como inaceptábel o silencio do goberno da cidade e do Alcalde incapaz de esixirlle a máis mínima explicación respecto dos principais problemas que ten a cidade dependentes deste Ministerio».

«Asistimos con preocupación a tónica amosada nos últimos meses onde representantes do goberno do Estado como é este caso da Secretaria de Estado Defensa ou no seu día a presidenta de Navantia ou o Secretario de Transportes, veñen de visita “turística” ignorando os problemas da cidade como se por non falar deles non existisen e sen ningunha vontade por resolvelos». «Que a Secretaria de Estado dun ministerio que condiciona tanto e desde tantos aspectos o desenvolvemento da cidade, ignore as súas implicacións na cidade e non mencione, nin aborde estes problemas cos grupos municipais da cidade é inconcebible».

Iván Rivas considera que «a visita da Secretaria de Estado de Defensa à cidade debería levar consigo un encontro onde abordar tres cuestión vitais para a nosa cidade». «Desde o punto de vista económico, resolvendo a compensación pola ocupación de máis do 20% de solo urbano da cidade. Desde o punto de vista urbanístico, para abordar o futuro urbano da cidade e do muro que divide á cidade en dous e desde o punto de vista laboral pola dependencia de Navantia do Ministerio de Defensa, a súa paralise actual e o confinamento ó ámbito militar».

Ivań Rivas destaca «a complicidade do goberno municipal diante destas actitudes». «Un Alcalde que a máis mínima oportunidade recibe no seu despacho a calquera representante do goberno do Estado, permanece en silencio e obvia a visita da Secretaria de Estado á cidade co fin de evitar que se reuna cos representantes dos grupos municipais da corporación e de contas das actuacións que deberia abordar este Ministerio na cidade»

Lea también

El crucero «Arcadia» visitó Ferrol este lunes. Volverá al puerto ferrolano el próximo mes de mayo

Eran las siete y media de la mañana de este martes cuando el crucero «MS …