Narón-Concentración en repulsa do asasinato de Samuel Luiz Muñiz na Coruña

Concello de Narón sumouse ás concentracións convocadas e celebradas este luns,  día 5 de xullo, en repulsa do asasinato de Samuel Luiz Muñiz na Coruña na madrugada do pasado sábado, vítima dunha brutal agresión. A concentración programada na cidade tuvo lugar ás 20.00 horas na Praza de Galicia.

Dende o Consistorio condenáronse unha vez máis as manifestacións de violencia en xeral e, en particular, o acto que acabou coa vida de Samuel Luiz, un rapaz de 24 anos, polo que se gardou un minuto de silencio  en sinal de duelo e de apoio ós familiares e amizades da vítima.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …