Cabanas- Estrea os clips promocionais «Unha viaxe a Cabanas»

O Concello de Cabanas a través da área de turismo, vén de estrear  unha serie de catro clips promocionais que se irán dando a coñecer ao longo do verán, amosando o conxunto do territorio desde unha perspectiva diferente a visitantes e veciñanza.

O primeiro vídeo desta serie, formada por catro pezas, céntrase na franxa costeira do concello e no treito final do río Eume, pondo de relevo a zona de praias, edificios emblemáticos como a Escola Laica ou a Igrexa de Santo André de Cabanas e a icónica ponte azul do ferrocarril, entre outros.

“Unha viaxe a Cabanas é un convite a coñecer o concello desde todos os seus ángulos, destinado tanto a potenciais visitantes como á veciñanza que queira descubrir o que ten para desfrutar a escasos metros da casa”, sinalou o tenente alcalde e responsable da área de turismo, Iago Varela.

Os novos clips promocionais foron realizados por WTMode, e combinan diferentes técnicas de gravación e posprodución, incluíndo o uso de drones para as imaxes aéreas, cámaras 360º para os timelapses e hyperlapses, e cámaras convencionais para os planos en detalle, acadando un resultado fresco e dinámico, adaptado a consumirse en todo tipo de dispositivos.

Atención na Oficina de Información e Turismo 

O Concello de Cabanas informou tamén de que desde esta semana está aberta ao público a Oficina de Información Turística, situada no Parque do Areal. O horario de atención será de 09 a 15 horas todos os días agás os martes, que permanecerá pechada.

 

 

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …