Cabanas-Inauguración do»Mural das Emocións» no CEIP «Eladia Mariño»

O Concello de Cabanas, a ANPA o Castiñeiro e o CEIP Eladia Mariño inauguraron este luns día 21 o “Mural das Emocións”, situado nunha das paredes externas do pavillón municipal, e executado polas muralistas de Cestola na Cachola.

A actividade enmárcase dentro do proxecto de patios inclusivos, que ten entre os seus obxectivos conectar os procesos de ensinanza – aprendizaxe coa realidade cotiá, espertar o interese e promover a sensibilización das nenas e nenos, profesorado e familias polo medio ambiente, e enriquecer o espazo, concibido como un marco de aprendizaxe valioso para dar cabida a múltiples tipos de intelixencias e competencias.

Durante a xornada, tamén se presentou un vídeo resumo do traballo realizado polo profesorado e alumnado arredor do “emocionario”, unha publicación na que se explican varias emocións como a alegría, a calma ou a vergoña, entre outras, así como o papel que xogan no día a día das persoas.

No acto participaron representantes do goberno local de Cabanas, así como do CEIP Eladia Mariño, da ANPA O Castiñeiro, do CEFORE e de inspección educativa.

A concelleira de educación, Diana Rodríguez, destacou na súa intervención “o
papel do proxecto para xerar un impacto positivo na autoestima e empoderamento da infancia” e puxo en valor “a creación de alianzas entre todas as partes implicadas no proceso educativo para levalo a cabo, na liña do obxectivo 17 dos ODS, en cuxo cumprimento traballa o goberno local desde todas as áreas”.

Pola súa banda o alcalde, Carlos Ladra, agradeceu “a implicación de toda a comunidade educativa nunha actuación real e concreta”, que poderán desfrutar todas as persoas que se acheguen ao centro educativo.

Lea también

El Xuventud Cabanas busca la victoria ante la A.D.C. Moeche

Este domingo 23 Cabanas vivirá la próxima cita deportiva en el Concello. A las 17 …