Narón-Alumnado do colexio Ponte de Xuvia entregou na Biblioteca o libro “Inventario de animais”

Alumnas e alumnos de sexto curso de Infantil do colexio Ponte de Xuvia de Narón entregaron en la mañana de este miércoles na sala Infantil da Biblioteca municipal un libro que eles mesmos, coa axuda do profesorado, realizaron nas aulas. “Inventario de Animais” é o título do libro realizado polos escolares e no que se poden ver fichas con imaxes e datos de varias especies animais. No acto de entrega estiveron presentes a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que agradeceron aos menores o feito de que elixisen a Biblioteca municipal para deixar alí o seu libro.

Como nacen, de que se alimentan, onde viven, como medran e curiosidades son os datos que especifican en cada unha das fichas, cunha fotografía e un debuxo realizado por eles de cada animal. As nenas e nenos explicaron que elixiron a Biblioteca para deixalo porque así podería consultalo máis xente.

A iniciativa forma parte do programa SEMGAL, impulsado pola administración autonómica e entre cuxos obxectivos está avanzar na inclusión e mellora do rendemento académico do alumnado galego. Este modelo plantexouse inicialmente para estudantes de alto rendemento e é Galicia a primeira comunidade autónoma de Europa na que se implantou o modelo SEM no ensino público. “Trátase de artellar programas de aprendizaxe con traballos nos que o alumnado utiliza métodos dun xeito transversal e nos que tamén se implica ás familias, un sistema similar ao anterior programa Piteas”, indicou Taibo. O colexio Ponte de Xuvia leva xa dous anos con este proxecto implantado e que no caso de Narón leva un no CPR Santiago Apóstol e no CPI O Feal.

 

A alcaldesa agradeceu a entrega do libro por parte do alumnado, ao que felicitou polo traballo realizado e tamén o feito de que pensaran na Biblioteca para deixar o seu libro e que o poidan consultar dende ahí as persoas que o desexen. Así mesmo, xunto coa edil de Ensino, entregoulles a cada un dous libros do Concello e un lote para a biblioteca do seu colexio.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …