Narón-A alcaldesa e edís da corporación reuníronse no Concello con Diego Taibo, deputado socialista no Congreso

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos Ibán Santalla, xunto co portavoz do PSOE de Narón, David Pita e os edís de Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, e Benestar Social, Catalina García, reuníronse no Concello co deputado socialista no Congreso Diego Taibo. No transcurso da xuntanza os representantes do goberno local naronés plantexaron a Taibo diversos asuntos de interese para a cidade.

Un dos temas que trataron na reunión foron os problemas que dende hai varios anos se rexistran na cidade e na comarca en xeral co servizo ferroviario de vía estreita. A escasez de frecuencias, a falta de puntualidade nos horarios, as reiteradas avarías na vía estreita e outros aspectos relacionados coas infraestruturas, que se abordaron en varias sesións dos Consellos Territoriais que dende o pasado mes de maio se celebran na zona urbana e rural da cidade, trasladáronse a Taibo. O deputado comprometeuse a establecer contactos con diferentes organismos para trasladar estas deficiencias.

A situación actual da ría e os polígonos industriais de Narón foron outros dos asuntos abordados con Taibo, que se ofreceu para presentar iniciativas no Congreso sobre os temas abordados e tamén sobre outras problemáticas que considere o goberno local.
A alcaldesa e os edís que se reuniron co deputado socialista agradeceron a súa visita ao Concello naronés e tamén a súa boa disposición para trasladar ao Congreso asuntos que afectan á cidade e tamén a outros concellos da comarca.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …