Valdoviño-O alumnado do CPI Atios completa a segunda etapa do Camiño a San Andrés

Os alumnos e alumnas de 6o curso de Educación Primaria do CPI Atios de Valdoviño completaban esta mañá a segunda etapa do Camiño a San Andrés de Teixido. Unha especial peregrinaxe coa que o centro busca combater o sedentarismo a través da promoción do exercicio.

Así, acompañados dos seus profes, María Dolores Freire, Antonio Rodríguez, Blanca Rivera, Pilar Calvo e Rosa Pazos, que exerceron de guías, rapaces e rapazas cubriron a distancia duns 9 quilómetros que separa a Capela da Fame, en Vilarrube, da parroquia cedeiresa de San Román.

Un percorrido no que a choiva intermitente non os desanimou, e os mestres non
só acompañaron a expedición, marcando a ruta, senón que tamén foron ofrecendo explicacións sobre o territorio, e os recursos patrimoniais e naturais do mesmo.

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …