Inaugurada na Casa das Palmeiras a exposición «As aves do concello de Neda”

«As aves do concello de Neda” é o título da exposición de fotografía que inaugurou a «Asociación Néboa Medio Ambiente na Casa das Palmeiras. Todas as imaxes son obra da agrupación ornitolóxica Andoriña, tomadas no transcurso das súas actividades, nas que amosan unha pequena mostra da gran diversidade de aves que acollen os espazos naturais do municipio.

Pode visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres de 17,30 a 20 horas, e os sábados de 11 a 13 horas. As visitas rexiranse por un estrito protocolo fronte á covid-19, cun aforo reducido a 4 persoas por quenda.

Lea también

O BNG demanda actuacións integrais no ciclo da auga na comarca de Ferrol

O deputado no Parlamento Galego e candidato á alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, e a …