O BNG pide ao goberno local que arranxe o patio de infantil do CEIP Cruceiro de Canido

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu hoxe ao goberno local que desenvolva as xestións necesarias para poñer fin as filtracións no patio cuberto do CEIP Cruceiro de Canido que provoca que o alunado de infantil deste centro non poida sair ao exterior no recreo cando chove.

María do Mar López, concelleira do BNG, considera que o goberno local debe desenvolver os traballos necesarios «para que as crianzas máis miudas deste centro educativo poidan sair ao exterior e non ter que estar todo a xornada escolar dentro da aula«.

O BNG advirte que debido as filtracións que hai no patio cuberto exterior deste centro, o máis proximo a entrada do cruceiro de Canido, este queda anegado completamente: Isto porvoca que as crianzas de tres grupos de infantil (de 3 a 6 anos) queden sen sair ao exterior cando chove.

Así mesmo coincidindo coa entrada e saida do alumnado en cada quenda, provoca, tamén, que unha aula quede sen poder poñerse na fila correspondente e teña que ficar pegada a un lateral, o que significa que parte dese alumnado está sen cubrir e os pais teñan que cubrilos con paraugas «co conseguinte perda de distancia social que nestes tempos hai que cumprir, xa que o lugar que lles correspondería está totalmente anegado de auga

O BNG pídelle ao goberno local que comprenda a situación actual «e actúe de imediato neste centro educativo«.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …